LA VOZ DE BUEU, xornal que aparece ó público do 14 de febreiro de 1904 ata o 26 de maio de 1906 (120 números), definíndose así mesmo como "Semanario defensor de los intereses generales". Estaba administrado por Francisco Pardo e dirixido por Ramón Galup Maneiro.
Na actualidade soamente se conserva un exemplar orixinal no Museo de Pontevedra, por canto a colección completa encadernada que existía nos fondos do Concello foi extraviada. Por tal motivo, do resto dos exemplares tan só se poden mirar fotocopias parciais ata nós chegadas ou ler resumos citados no libro de José Mª Estévez, RECONOCER BUEU.
A título de exemplo podes mirar parte dalgún dos seguintes números...