Pechar
Forma un conxunto coa igrexa ata o punto de ser referencia de ida e retorno das procesións.
• A plataforma é cadrada e de dúas gradas.
• O pedestal é cuadrangular cun amplo rebaixe.
• O mastro cilíndrico e sen adornos.
• O capitel cadrado con colariño e ábaco ensanchado.
•
A cruz é octogonal. Os brazos rematan con riscos facendo
unha flor. Na cara oeste aparece unha figura
de Xesús un tanto desproporcionada por ter unhas pernas moi curtas. Presenta a cabeza erguida e ladeada cara á dereita, os dedos das mans pechados
e o pé dereito sobre o
esquerdo; tamén é observable
a ferida do costado dereito.
A cara leste mostra unha
imaxe da Virxe da Piedade con Xesús no colo, sostendo cunha man
a cabeza do Fillo e colléndolle
unha man coa outra súa.
• Outra característica salientable deste cruceiro é que ten mesa.
![]() |
|
||||||||||||||||||||||||||
|