Pechar
• O Cabo de Udra está situado no extremo noroccidental da parroquia de Beluso, linda coas praias de Mourisca e Ancoradouro.
• Ten un grande interese xeolóxico
pola existencia duns conxuntos pétreos con curiosas formas de beleza
singular. Neles podemos observar cacholas, pías, acanaladuras e outras
formas características da paisaxe granítica, sendo salientables
os grandes cristais de feldespato de ata 15 cm. de longo.
Tamén é de destacar a existencia, hoxe moi deteriorada, dunha
duna fósil, fenómeno moi pouco abundante na nosa zona.
• Os primeiros vestixios humanos en Udra, ademais duns dubidosos refuxios neolíticos, son os restos cerámicos procedentes dun antigo castro e hoxe depositados no Museo Massó.
• Nas augas do Cabo apareceron unhas áncoras de navíos romanos, expostas no Museo de Pontevedra, que falan ás claras do tránsito mariño.
• Moito despois temos o testemuño duns refuxios gandeiros. Estas edificacións aproveitan os rochedos naturais que son logo pechados con pedras.
• Dende 1936 ata 1984 foi un campamento militar para a defensa da ría.
• Na actualidade forma parte da rede Natura 2000 e a súa beleza foi cantada por destacados autores.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
PUNTA UDRA
|
|