Pechar
• Aínda que a construción actual, promovida por Alonso Fatón de Valcarce, data de 1728, as cantigas de amigo de Johán de Cangas, xograr do s.XIII dan testemuña da existencia dunha capela anterior de asentamento incerta, pois hai quen a sitúa no mesmo emprazamento da actual, e quen a empraza nas Casas Vellas, onde a lenda popular di que apareceu a imaxe do san "Mamedio".
• A capela de planta rectangular, con sancristía lateral, é de pequenas dimensións. A fachada principal con porta en arco, remata o hastial cunha humilde espadana en pincho coroada por unha cruz.
• O cruceiro, chantado ao carón da capela, ten unha ampla plataforma cadrada de tres gradas, e arrinca cun pedestal cúbico con gorxa que na cara leste ten a data de 1791. Cun mastro liso, remata nunha cruz simple. Na súa orixe a cruz deste cruceiro tiña imaxe e cartel de INRI, e entre o mastro e a cruz un capitel.
• A fonte, datada en 1721, presenta un ornamentado frontispicio, coroado cunha cruz gótica; tiña pináculos a cada lado, hoxe desaparecidos. Por estar o manancial máis baixo que o nivel do chan, ten muros de contención de perpiaño a cada lado e, pegados, bancos de pedra, á vez que unha escaleira para acceder á auga.
• No ano 1999 por dedicar o Día das Letras Galegas aos xograres do mar, ergueuse no adro da capela un monumento conmemorativo a Johán de Cangas. Deste xograr conservamos estas tres cantigas no Cancioneiro de Biblioteca Nacional de Lisboa.
I
En San Momed’u sabedes
que víste-lo meu amigo,
s’ oj’ ouver’ a seer migo,
mia madre, fe que devedes,
leixédesmio ir veer.
O que vistes esse día
andar por mi mui coitado,
chegoum’ ora seu mandado.
Madre, por Santa María,
leixédesmio ir veer.
Pois el foi d’atal ventura
que sofreu tan muito mal
por mi e ren non lhi val,
mia madre, e por mesura,
leixédesmio ir veer
Eu seri por el coitada,
pois el é por mi coitado.
Se de Deus ajares grado,
madre benaventurada,
leixédesmio ir veer.
II
Fui eu, madr’, a San Momed’
u me cuidei
que veess’ o meu amigo, e non foi i,
por mui fremosa que triste m’ en partí,
E dix’ eu como vos agora direi:
pois i non ven, sei unha ren:
por mi se perdeu, que nunca lhi fiz ben.
Quand’ eu s San Momede fui e
non vi
meu amigo, con que quisera falar
a mui gran sabor, nas ribeiras do mar,
sospirei no coraçón e dix’ assí:
pois i non ven, sei unha ren:
por mi se perdeu, que nunca lhi fiz ben.
Despois qui fiz na ermida oraçón
e non o vi o que mi quería gran ben,
con gran pesar filhóuxime gran tristén
e dix’ eu log’ assí esta razón:
pois i non ven, sei unha ren
por mi se perdeu, que nun lhi fiz ben.
III
Amigo, se mi gran ben queredes,
id’ a San Momed’ e veerm’ edes.
Oje non mi mençades, amigo.
Pois mi aquí ren non podedes
dizer,
id’ u ajades comigo lezer.
Oje non mi mençades, amigo.
Serei vosqu’ en San Momede do
Mar,
na ermida, se mi o Deus aguisar.
Oje non mi mençades, amigo.
Johán de Cangas
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
CAPELA DE SAN AMEDIO
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||