Pechar
• A Casa-Granxa de Ouril ten a súa fundación no ano 1743, cando Dona María Josefa Villarprego e Montenegro, ao casarse o fillastro, abandona o pazo de Santa Cruz e traslada a súa residencia a esta casa engrandecéndoa e dándolle categoría de pazo. Na década dos corenta, mercouno D. Gaspar Massó García, e no ano 1974 pásallo por herdanza a D. Enrique Massó Bolibar, quen no ano 1983 llo vende a D. Dositeo Barreiro Mourenza. Na actualidade é propiedade dos herdeiros.
• Construción en forma de “L” cun corpo central ameado a xeito de torre. Na parede oeste ten un escudo desenvolvido en dúas pedras, na superior un helmo empenachado, e na inferior un pequeno escudo orlado con follas e no centro un “M” sobre-montado cunha coroa, que representa as armas dos Montenegro.
• No frontal sur, na parede do corpo da torre, presenta un escudo, no que figuran as armas da vila de Padrón, fundamentalmente representadas pola barca de pedra que trae o corpo do Apóstolo. Orlado co colar da Orde do Toisón de Ouro e timbrado cunha coroa aberta. Ao parecer este escudo tróuxoo, polos anos cincuenta, o daquela dono do pazo, pero non ten nada que ver coas familias moradoras.
• No patio principal hai un cruceiro, incorporado ao conxunto na última e recente restauración de 1983.
• Nos terreos do pazo, como expoñente do seu principio de casa de labranza, atopamos un canastro, totalmente de pedra, de cinco pares de pés.
• Na actualidade ten un xardín moi coidado ornamentado con figuras e outros detalles de pedra.
• Dende o camiño que vai a Santa Cruz, fronte á entrada oeste do pazo de Ouril, está a baixada a un antigo lavadoiro e fonte de dous canos, todo o conxunto feito de pedra.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
PAZO DE OURIL
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||