Pechar
• Este muíño, aínda que responde á tipoloxía de tantos muíños que inzan os nosos ríos e regatos –“construción pequena con tellado a unha soa auga, porta de entrada nun lado curto e soterrada a adega, unha cativa cavidade onde está instalado o rodicio e todo o sistema motriz do muíño”–, presenta algunhas particularidades:
• Unha longa canle de pedra montada sobre muros, que salvando máis de dez metros de desnivel, leva a auga ao cubo.
• Un cubo vertical de oito metros de altura, feito con pedras circulares baleiradas interiormente a xeito de aros de pozo, e rematado cun traballado peitoril.
• Na parede que dá ao río, ten dous modillóns que representan o busto dun home e dunha muller, particularidade inexistente nos demais muíños do Morrazo.
• Outra peculiaridade, da que tampouco non hai constancia nos muíños da zona, era que tiña o rodicio de madeira. Hoxe, restaurado, teno de ferro.
![]() |
|
||||||||||||||||||||||||||
|