Pechar
· A Illa de Ons, con 6 km de lonxitude, está situada na boca da ría de Pontevedra e forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
· A presenza de numerosas furnas, de entre as que destacan a da praia de Fedorento e o Burato do inferno, o feito de ser un lugar de cría das aves mariñas e dunha rica fauna, sobre todo marítima, falan ás claras da súa importancia natural.
· Os primeiros restos humanos conservados son uns machados do período paleolítico.
· O chamado “castelo de mouros” é o lugar onde estaba situado o castro da Illa.
· O historiador romano Plinio O Vello na súa obra Naturalis historia fala desta illa co nome de Aunios.
· Da Idade Media conservamos o sepulcro da Laxe do Crego: de orixe xermánica, forma antropomórfica e posiblemente de uso penitencial ten a singularidade de estar nunha rocha no mar á que se pode acceder a pé coa marea baixa.
· Algunhas construcións como o Castelo de Rodas, no que algún quere ver un castelo medieval, son obras moi posteriores (s.XIX) de carácter defensivo.
· A existencia dunha abundante poboación deu orixe a unha serie de construcións que falan da intensa vida dos seus habitantes: as dúas igrexas – a do cemiterio e a de san Xoaquín, coas cantigas na fachada e uns mosaicos, sobre todo o vía crucis cun estilo naif-, os grandes canastros, a escola reitoral, etc.
· De Ons convén destacar a riqueza na conservación das tradicións –lendas, gastronomía, etc- e dunha embarcación típica emparentada coas da ría de Arousa: a dorna.
|
|
|||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||