Pechar
•Actualmente esta capela está en ruínas e cuberta polas silveiras.
• Consérvase a planta rectangular cunha pequena ábsida semicircular, grosos muros e as pedras derruídas do que puido ser un arco de medio punto da fachada.
• Foi motivo de diversas controversias; alá polo 1649 o arcebispo amoesta o cura de Cela polo estado de abandono en que se atopa pois a xente úsaa para gardar o gando.
• Tras a división en concellos de 1818, a capela, que dependía da parroquia de Cela, queda nos terreos de Marín polo que é reclamada pola freguesía de Ardán. Este feito provocou graves enfrontamentos durante moitos anos. Os cregos tentaron resolvelos cun rito que facía que nas respectivas festas dos mozos os veciños fosen recibidos nos lindes das parroquias con ¡vivas! recíprocos e compartindo o viño entre todos.
![]() |
Lugares de interese de Cela
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CAPELA DE SAN LOURENZO
|
|