Pechar
• No 1686 Fernando de la Rúa
i Freire, cura párroco de San Martiño de Bueu, funda esta capela
no alto do Balado. A capela orixinaria derrubouse e a abundante representación
pétrea espallouse por distintas casas da Vila. Conservouse da capela
só unha forneliña coa imaxe do rei Baltasar, o que mantivo viva
a devoción.
No 1948 o Concello acorda construír unha nova capela e encarga a Urbano
Lugrís o deseño e a Victoriano Barcala a construción
da mesma. Os bocexos desta capela pódense contemplar actualmente na
Casa do Concello de Bueu.
• A capela, inaugurada o 4 de
outubro de 1953, é unha pequena construción de planta rectangular
(5 x 6 m. aprox.), con cuberta a catro augas.
Na fachada presenta un arco de medio punto apoiado en basamenta de cadeirado
que sobresae da liña de fachada facendo un pórtico. Coroa o
arco unha especie de crismón cunha cruz aspada. Está decorado
con motivos mariñeiros: un barco de vela, áncora de almirante,
peixe, cuncha de vieira, gaivota, rosa dos ventos e balea, moi característicos
do estilo de Lugrís.
• A ámbolos dous lados
da porta hai dous contrafortes impostos cunhas fornelas, que no seu día
albergaban as imaxes de San Xosé e da Virxe. No ano 2005 colocarónse
dúas novas imaxes en substitucións das orixinais perdidas.
Nos laterais tamén existen catro falsos contrafortes, columnas pétreas
con cadanseu evanxelista que ornamentan a capela (hoxe só quedan tres).
Os modillóns que simulan o soporte
do saínte están decorados con cunchas de vieira.
En cada fachada lateral existe unha fiestra en arco de medio punto e decorada,
cunha roda de temón a sur e unha áncora a norte.
A fachada posterior está rematada por unha espadana en arco.
• Nos anos 70 comezou a derrubarse o tellado e desapareceron algunhas das figuras ornamentais e mesmo un retablo de tres corpos, tallado polos irmáns Ribas de Santiago con tres cadros e deseño de Lugrís.
![]() |
Lugares de interese de Bueu
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CAPELA DOS SANTOS REIS
|
|