Pechar
• Orixinariamente este cruceiro estaba nun montiño preto do emprazamento actual, xusto no cruce dos camiños que ían de Bueu a Aldán, (Gandón) e de Beluso á Portela; hoxe están asfaltados e absorbidos polas obras do parque industrial de Castiñeiras. Este cruceiro, erguido en lugar tan afastado, fai pensar que foi alzado para reforzar o ánimo das persoas que tiñan que pasar estes camiños solitarios e tenebrosos de día e de noite, ou para cristianizar lugares pagáns, pois é de ter en conta que a carón del atópanse tres mámoas.
• A basamenta de tres escadas foi incorporada no recente traslado polas obras do polígono industrial.
• O pedestal cúbico é liso.
• O mastro cuadrangular ten as arestas mortas e en representación de espiñoso.
• O capitel arrinca cilíndrico con volutas e un anxo alado en cada cara da concavidade do ábaco.
• A cruz latina rectangular mostra a figura de Xesús crucificado por un lado, e no outro a da Virxe nunha posición de rezo, apoiada nunha peaña que amosa a face dun anxo.
• No pedestal consta que: ESTA OBRA MANDO HACER A SU COSTA EL CAPITÁN DON JOSE JUAN DE LA RUA ALDAO – EL FENECIO 14 DE SEPTIEMBRE DE 1700.
![]() |
Lugares de interese de Bueu
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CRUCEIRO DE MOROUSOS
|
|