Pechar
• Este tipo de monumentos de tres cruces con Xesús, Dimas e Xestas son raros en Galicia, tanto que só se coñecen tres: Beade (Ribadavia), Barbudo (Pontecaldelas) e Bueu.
• Orixinariamente, no 1686, estivo situado na antiga capela dos Santos Reis. Coa destrución posterior da capela o cruceiro central pasou a presidir o cemiterio parroquial e os dous ladróns estiveron na horta dunha casa da hoxe rúa de Montero Ríos. No ano 1923 José María Massó mércaos, manda construír en Xeve unha imaxe central e ergue un calvario completo na súa leira, tal e como o describe Castelao en As Cruces de pedra na Galiza. No ano 1986, clausurado xa o cemiterio, a cruceiro reubícase diante da fachada da igrexa parroquial e o 18 de xaneiro de 2000 a familia Massó doa os dous ladróns co que se recupera o conxunto orixinal.
• As tres cruces latinas teñen
un pedestal cúbico. No de Xesús aparece unha caveira con dous
osos cruzados. Os mastros son espiñosos, sendo o central máis
alto. Os capiteis están adornados con volutas e anxos o de Xesús
e Dimas, mentres que o de Xestas mostra un diaño facendo carantoñas
e sacando a lingua.
As figuras das cruces presentan a un Xesús cos ollos pechados e expresión
doce, coa cabeza deitada sobre o ombreiro dereito e tres cravos moi marcados.
Dimas e Xestas aparecen amarrados por cordas nos brazos e un cravo en cada
pé; Dimas aparece coa cara mirando a Xesús, mentres Xestas evita
ollalo.
![]() |
Lugares de interese de Bueu
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CALVARIO DE BUEU
|
|