Pechar
• Fundado sobre o ano 1600 por D. Antonio Rodríguez de Aldao e a súa dona Catarina de Bugarín e Taboada, é unha construción de planta rectangular sen ameas.
• Como expoñente da súa fidalguía, na cara nordeste podemos observar un escudo dividido en oito partes nas que se presentan os emblemas dos Aldao, Bugarín, Barbeito, Cambas, Abreu, Taboada, Padrón e no oitavo o que puideran ser as armas dos Aldao antes de adoptar as cinco flores de lis.
• No recinto do pazo existe unha capela dedicada
a San Antonio de Padua. Aínda que aparece datada no 1732, a súa
construción é anterior, probablemente simultánea
á casa pois hai unha mención da capela en 1697.
É unha pequena construción de planta rectangular con fachada
barroca. A porta ten un arco de medio punto e sobre ela unha forneliña
coa imaxe do santo. No arranque do cumio presenta un escudo coroado
cos lises dos Aldao. Completan a fachada dous pináculos rematados
en bola e unha espadana con arco de medio punto e unha cruz.
• No interior destaca a imaxe do santo patrón e outras tallas en madeira.
![]() |
Lugares de interese de Cela
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CASA DO PRACER
|
|