Pechar
• Esta capela está situada nos terreos do pazo de Santa Cruz e pertence aos mesmos donos.
• Fundouna D. Fernando de la Rúa Freire por escritura pública de 1671 a advocación da Santa Cruz e da Virxe da Soidade. Dende hai uns anos a devoción popular refírese a ela como a capela de Santa Ifixenia en cuxa honra se celebra unha romaría.
• Trátase dunha construción de planta e ábsida rectangulares; arrimada á parede oeste, ten unha capela aberta dedicada á Virxe da Soidade, representada cunha figura de pedra que amosa a María co fillo no colo.
• Sobre a porta principal da capela presenta unha pedra armeira timbrada con casco e cuartelada en cruz coas armas dos Freire-Andrade, Santo Oficio, Aldao e Fonseca. Sobre este escudo unha labra en pedra parece representar a Deus-Pai.
• Sobre os penais, ten nun lado a figura do bispo san Martiño, patrón da parroquia, e no outro a emotiva imaxe dunha nai, tocada de mantón, que leva da man a súa filla vestida con hábito talar e cordón cingular empuñando unha vela, para cumprir a promesa feita.
• Dá entrada ao campiño un portalón en arco, que ten sobre o alfiz dúas ameas flanqueando o conxunto de Xesús crucificado, a Virxe e san Xoán. Na parede, a ambos os lados do arco de entrada, existen varias figuras de romeiros e a data de 1671.
• No medio do adro vese un fermoso cruceiro de 1681, que formou parte dun antigo Vía Crucis como testemuña a inscrición : “ Estas dieciseis cruces....”.
• Completan este conxunto artístico outras figuras pétreas que se atopan no entorno, como o conxunto de gaiteiro e tamborileiro que están baixo o cativo púlpito que ten a fachada principal.
![]() |
Lugares de interese de Bueu
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
IGREXA DE SANTA IFIXENIA
|
|