Pechar
• Foi fundado por D. Fernando de la Rúa Freire, párroco de San Martiño de Bueu.
• En 1743 a familia de la Rúa emparenta coa familia Pimentel, que conservaría o pazo ata 1945, cando foi adquirido pola familia Bescansa de Santiago de Compostela. Dende 1983 pertence a Germán Gervás.
• Pola súa traza e conxunto arquitectónico é o pazo máis importante do concello de Bueu. É unha ampla construción en ángulo recto que con outras dependencias anexas pecha un recollido patio interior. Diante da fachada norte ten unha terraza balconada con monumental escaleira dobre que obedece a restauración de 1983. Ao nacente e a nivel da planta principal, ten outra terraza exterior. O corpo principal da construción está ameado.
• Na parede sur, fachada principal pola que ten a escaleira de entrada, pódese observar un labrado escudo timbrado con helmo e carteado en cruz representando as armas de: De la Rúa, Novoa, Pimentel e España.
• A panorámica que ofrece sobre a abra de Bueu valeulle o sobrenome de “Quita Pesares”. O Pazo, os xardíns, a artística fonte de fresca auga e o entorno en xeral garanten unha leda visita.
Lugares de interese de Bueu
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
PAZO DE SANTA CRUZ
|
|