Pechar
• O panteón da familia Graña Gamallo (1879) de Aldán atópase no adro da igrexa de San Cibrán, pegado ao muro da finca dos Canalejas.
• Segundo a tradición oral, o canteiro encargado de erguer o panteón sería o mestre Cerviño aínda que non se poida precisar se Ignacio Cerviño Quinteiro ou José Cerviño García, dous importantes artistas canteiros da metade do s. XIX.
• Disponse en cinco corpos superpostos cunha altura superior aos cinco metros. A base é unha grande prancha a todo o longo rematada cunha decorativa balaustrada. Logo veñen dous corpos de sarcófagos e remata nun templete circular con pequenas columnas e no seu interior a imaxe dunha virxe de especial devoción da familia, de difícil identificación porque lle faltan as mans.
• Poden lerse algunhas inscricións: “ESTE PANTEÓN LO MANDÓ HACER D. RAMÓN GRAÑA Y GAMALLO. AÑO DE 1879 Y LO DEDICA A SUS PADRES Y HERMANOS”
• Como indican as inscricións o panteón tiña vocación familiar malia que o promotor do monumento, don Ramón Graña Gamallo, tivese falecido o ano anterior á súa construción. Nas inscricións figuran o nome dos irmáns Ramón, Juan Manuel (abade da parroquia) e Manuela xunto ao do seus pais Juan Manuel e Rita, todos falecidos con anterioridade.
• Semella que fose trasladado doutro lugar se temos en conta a mala cimentación que presenta na actualidade.
.
![]() |
Lugares
de interese Aldán
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
PANTEÓN DA FAMILIA GRAÑA GAMALLO
|
|