Pechar
• O núcleo da parroquia sorpréndenos coa portada da igrexa parroquial de San Cibrán (1866) en Aldán, de trazas neoclásicas.
• Na fachada aparece a imaxe do santo e está presidida por unha torre de estilo barroco, imitación da construída na colexiata de Cangas, con balaustrada de pedra en cada piso.
• No interior consérvanse algúns retablos e a tumba da casa Condal dos Canalejas. As armas dos Aldao están a ambos os lados da igrexa xunto coas doutras liñaxes galegas coma os Soutomaior e os Bermúdez de Castro.
• A familia dos condes de Aldán accedía ás cerimonias relixiosas a través dunha porta que se abría no muro que pecha as propiedades do pazo e ocupaba lugares de distinción moi preto do altar.
• No seu adro báilase dende a Idade Media a danza de San Sebastián cada 20 de xaneiro.
.
![]() |
Lugares
de interese Aldán
|
|
|||||||||||||||||||||||||
|