Pechar
• A ermida neoclásica de San Amaro atópase no barrio de Menduíña (Aldán); foi construída sobre outra de orixe románica e, como consecuencia dun incendio, restaurada hai poucos anos.
• Ten planta rectangular e fachada lisa.
• O tellado é a dúas augas e a espadana presenta dous vans con pequenas campás. Nunha das paredes consérvanse unhas inscricións.
• Ao seu carón levantouse un soportal para protexerse das inclemencias do tempo.
• Fronte á fachada temos unha cruz que pola súa forma recorda aquelas primeiras que se ergueron para a cristianización dos miliarios: unha grosa e curta columna de pedra na que se asenta a cruz.
• No adro existe un palco de pedra de forma hexagonal.
• As escaleiras de acceso ao adro presentan un arco convexo no primeiro tramo e outro cóncavo do descanso en diante o que as fai moi singulares. Sobre os muros que as flanquean aparecen dous pináculos.
• Desde antigo celébrase unha grande romaría o 15 de xaneiro, na honra de San Amaro, e outra o 18 de xullo, a Sta. Mariña.
• Antigamente tivo unha importante celebración en honra de San Antón, coa curiosidade de que se ceibaba un porquiño pola aldea de Menduíña para que os veciños o cebaran e sacrificalo ao ano seguinte.
• O grupo tradicional Treixadura recolleu esta cantiga do San Amaro:
Foliada do San Amaro
En Aldán hai unha ermida
no barrio de Menduíña
a ermida é do San Amaro
e máis da Santa Mariña.
Meu santiño San Amaro
¿a cantos é o seu día?
É o 15 de Xaneiro ¡ai!,
que linda romaría!
Meu santiño San Amaro
vestidiño de amarelo
na aldea de Menduíña
non hai outro cabaleiro.
Meu santiño San Amaro
ten a muller bonitiña
e pra que non lla levaran
púxolle unha campaniña.
No adro do San Amaro
chantei un oso nun pé
eu chamei por San Amaro
e faloume San Xosé.
Sempre me andas preguntando
a que romaría voue
veño de Santa Mariña
e pra San Amaro voue.
Do disco “Obrigado” do grupo Treixadura
.
![]() |
Lugares
de interese Aldán
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
PALCO DA CAPELA DE SAN AMARO
|
|