Pechar
• Hai testemuño documental da existencia dunha robusta torre con muros de ata 298 cm dende o s. VIII, pero o edificio actual, o único do concello que conserva todas as partes características*, é resultado dunha grande cantidade de modificacións.
• Ten planta irregular, unha torre ameada, anexa á casa, dotada de grandes gárgolas, e un patio central con escaleira.
• Destacan tamén as balconadas, as solainas e no patio interior, pegado na parede da escaleira, un escudo cuarteado cos cinco lises e os seis rodeles.
• Outras dependencias salientables son o canastro e o pombal.
• As propiedades son inmensas. Na finca atópase o acueduto rústico coñecido como o Arco da Condesa, construído en época recente sobre o que se supón medieval e unha pequena fachada de castelo con usos recreativos.
• Cada 20 de xaneiro báilase na praza de San Cibrán, dende hai séculos, a histórica Danza de San Sebastián. Antigamente os señores do Pazo abrían as portas ás xentes de Aldán e bailábase a danza no eirado e coa presenza do conde e familiares e amigos no balcón. Logo convidaban á merenda aos danzantes na adega do pazo. Este costume rompeuse recentemente.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
PAZO DOS CONDES DE CANALEJAS
|
|