Pechar
• O Muíño de Fausto atópase no lugar da Rosada na parroquia de Coiro; é un dos máis de 30 muíños do río Bouzós.
• Destaca pola súa simplicidade: é de pequenas dimensións, de planta baixa, con paredes de cachotería e tellado a dúas augas. A porta é dunha folla e ao seu carón dispón dunha pedra saínte para pousar o saco, o pousadoiro. Ten unha ben fermosa canle de entrada da auga.
• Foi recuperado no ano 1989 para uso didáctico e aproveitamento en común. Cada primeira fin de semana do mes de maio a parroquia de Coiro celebra a súa restauración cunha nova edición da Festa do Muíño: actividades culturais, musicais e gastronómicas organizadas pola asociación de veciños; o colexio de Castrillón edita a revista “Cacarexo”, onde se recollen estudos e traballos relacionados cos muíños.
![]() |
|
||||||||||||||||||||||||
|