Pechar
• A casa museo de Camaño Xestido “A Mangallona” consta dun edificio principal coñecido como Casa da Mangallona recuperado arquitectonicamente para vivenda do pintor e museo onde se acubillan centos de obras pictóricas e escultóricas tanto do seu propietario como doutros importantes artistas internacionais. Asemade existe unha importante colección de obxectos como porcelanas, cerámicas, pedrería e bastóns. Recentemente foille cedida ao museo a custodia do arquivo do músico Carballo.
• A casa ten catro niveis, cunha
galería á parte oeste. Na Sala Soto acolle obras de finais dos
anos 60, primeira etapa do pintor con cadros costumistas e figurativos.
O segundo andar ten pintura abstracta pertencente á serie “Un
berro ecolóxico e loita encol dos brancos”, outra parte postfigurativa
–a serie negra afroamericana– e outra conceptual –a serie
negra Berlín, inspirada na caída do Muro–. Nesta altura
está o Salón de Actos da casa onde se celebran actos literarios,
concertos, etc.
No terceiro piso acolle unha colección de obras doutros autores: Delarra,
Botello, Nores, Vieito, Barreiro, Huete, Parcero, etc. e obxectos de colección.
Tamén hai outra sala que volta acoller obras de Camilo Camaño,
unha parte construtivista onde a liña é decisiva na composición
e outra máis costumista.
• No cuarto está un estudo que acolle unha serie de obras de
pequeno e mediano formato da serie “Flores” e “Pórticos”
e un conxunto de obras que referencian distintas épocas creativas.
Aquí está a vivenda privada do artista.
![]() |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
CASA MUSEO A MANGALLONA
|
|