Pechar
• Esta edificación nobre iniciouse no 1640 cando se establece no lugar a liñaxe dos Saavedra.
• Consta de planta baixa e primeiro andar de forma rectangular.
• Na fachada norte apréciase unha galería sobre arcos de medio punto e piares cun corredor exterior de acceso con dúas figuras de leóns. Catro gárgolas adornan as esquinas da parte superior.
•A porta que lle dá entrada ao recinto é ameada e no centro ten un escudo coas armas das familias Silva e Saavedra.
• O pazo dispón tamén dunha capela dedicada a San Gregorio cunha inscrición de 1869, dun pombal circular e de dous canastros.
.
![]() |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
PAZO DO ROSAL
|
|