Pechar
• Esta casona do s. XIX, realizada en cachotería recuberta con argamasa, recibiu unha importante reforma no 1928 pois foille engadido un novo corpo cun claro estilo modernista que lle serve de entrada.
• A fachada recuberta por un
lucido branco con adornos en vermello ten unha porta rematada en molduras.
A cornixa que cobre o tellado está adornada cunhas columnas rematadas
en molduras e pináculos, destacando o central cun adorno floral máis
complexo.
Sobre as paredes destacan unhas imitacións de columnas sobre as que
aparecen en baixo releves unha sorte de frechas rematadas en punta ou en forma
de trevo.
• Antigamente a casa dispuña de canastro, adega, cortes e forno para o pan.
• Aínda se conservan
algunhas árbores do que foi un verdadeiro xardín botánico.
• Actualmente forma parte das instalacións do Cámping
de Tirán.
.
![]() |
|
||||||||||||||||||||||
|