Pechar
• O conxunto formado polo castro, a reitoral e a igrexa románica pode indicar a existencia dunha necrópole con reminiscencias castrexas sobre a que se asenta o templo.
•A igrexa do s. XII dispón dunha escalinata de pedra de acceso ao adro. A porta ten dous pares de columnas, lisas e salomónicas sobre as que descansan arcos de medio punto cun tímpano figurado con inscrición.
•A torre campanario érguese cun primeiro tramo liso e de planta cadrada correspondente á primeira construción, mentres que o segundo tramo é de corte barroco rematado en pináculos en bola.
• Nos laterais hai tamén portas de entrada con linteis decorados con modillóns de animais fantásticos e volutas.
• Nas ruínas de Santo Domingo, Pontevedra, encóntranse depositados varios frisos románicos desta igrexa.
• A casa reitoral de San Martiño actualmente está derrubada. Era unha construción típica con balconadas.
• O cruceiro de San Martiño érguese sobre unha plataforma hexagonal de catro chanzos cunha varanda de ferro. O pedestal está decorado polas dúas caras, cunha caveira e unha imaxe de San Martiño Dumiense. O fuste poligonal emboca nun capitel con motivos xeométricos, vexetais e outra caveira. A cruz ten un Cristo e unha Piedade que descansa sobre a cabeza dun anxo.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||
IGREXA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA
|
|