Pechar
• A igrexa de Santa María de Darbo (1733) ten planta de cruz latina brazos curtos e bóveda de medio canón.
• A fachada principal está edificada en estilo barroco rural de grandes proporcións con respecto ao tamaño da igrexa. No centro está a imaxe da Virxe e ás beiras dúas potentes torres, unha delas campanario.
• Ao carón da igrexa está a fonte e o cemiterio parroquial. Ao adro accédese por unhas escaleiras presididas por un cruceiro.
• O campo da festa de notable beleza con grandes plataneiros e cos vellos alpendres da feira que cada oito de setembro acollen a taberneiros e rosquilleiras e aos romeiros para a festa da patroa. Na súa honra báilase a Danza e Contradanza de Darbo.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||
IGREXA DE SANTA MARÍA DE DARBO
|
|