Pechar
• Aínda que non existe un documento que confirme a data de construción aparece xa citada en textos do s.XII.
• A planta cruciforme que presenta na actualidade non é a orixinal porque as capelas do cruceiro e a ábsida obedecen a unha reconstrución posterior.
• A fachada presenta unha porta de arco de medio punto moldurado con adornos de bolas; no centro ten unha folla de acanto nunha forneliña e, antes do comezo do hastial, un tornaaugas que se prolonga polas paredes laterais ata o cruceiro da nave e que, como a moldura do arco da porta, está ornado con bolas.
No ano 1888 foi construída a espadana que hoxe remata a fachada con dous arcos para as campás, acabada en pincho, e embelecida cunha cruz de ferro, un catavento e dous pináculos a xeito de landra.
• As paredes laterais do corpo principal están apuntaladas con tres contrafortes cada unha.
• As paredes norte e sur das capelas do cruceiro e da ábsida levan cadansúa ventá oxival e tamén un remate cumial con moldura.
• Entre a ábsida e a capela norte desenvolveuse a sancristía.
• Sobre a cruz da nave existe unha bóveda cuadrangular rematada nunha lanterna.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||
IGREXA DE SANTA MARÍA DE BELUSO
|
|