Pechar
• Este conxunto de dous petroglifos situados a unha distancia de dez metros é un dos máis emblemáticos e estudados de Galicia. É excepcional pola súa localización nas inmediacións dunha praia. No seu tipo, segundo o arqueólogo do Museo de Pontevedra, Antonio De la Peña, encádrase xuntamente co de Marín só outro do concello de Meis, se ben sinala tamén a existencia de motivos semi-labirínticos noutras zonas de Galicia.
• Este gravado destaca pola profundidade e ancho dos seus sucos. A presenza no mesmo conxunto de cazoletas e combinacións circulares fan pensar en dous autores e dúas épocas cronolóxicas diferentes.
• O significado da arte rupestre en xeral, sobre todo o dos motivos xeométricos, é un grande misterio. O investigador Vázquez Rozas apunta a orixe mediterránea dos labirintos e considera que os labirintoides non se deben asociar con eles, pois a súa forma parece máis unha deformación das combinacións circulares –algúns xustifícanas por efecto de alucinóxenos– que un labirinto propiamente dito. O estudioso Silvar coincide en situar a orixe no Mare Nostrum, pero defende outros posibles significados como a imitación do movemento do sol co seu sentido vida-morte ou mesmo a relación coa minaría e a función de sinalar o camiño das entrañas da terra.
• A pedra dos Campiños está rota o que afecta á manifestación artística.
|
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||