Pechar
• É obra de Antonio Cominges Tapia quen tamén é o deseñador do Hotel Compostela, do Instituto Santa Irene de Vigo e do Parador Nacional de Turismo de Salamanca entre outros.
• Serve de porta de entrada á Escola Naval Militar, centro de formación da Armada Española. No interior do recinto podemos atopar algunhas interesantes obras escultóricas como unha Virxe do Carme ou o busto de Isaac Peral ambas de Asorey, os cruceiros da avenida de Oquendo e o da Capela, da autoría de Fernández Pazo.
• A porta conforma un arco monumental de medio punto. Imita o estilo clasicista propio da época do rei, Carlos I, ao que está dedicado. Encadrado baixo alfiz, descansa sobre corpos columnados que albergan no seu interior uns espazos semicirculares que serven de acceso peonil. A arquitrabe de cada un remata nun ático decorado por placas de pedra que semellan escudos.
· Na cuberta do arco podemos apreciar uns motivos xeométricos que se repiten sobre os arcos menores.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||
PORTA DE CARLOS I
|
|