Pechar
• Antigamente accedíase á illa bordeando a praia coa marea baixa, mais na actualidade pódese chegar en automóbil.
• Atópase unha pequena capela dunha soa planta e fachada lisa con tellado a dúas augas e unha espadana dun só van con campá, construída no 1722 sobre unha edificación anterior do s. XVI.
• Pódese observar un cruceiro,
datado en 1996, cunha plataforma cadrada dunha soa escada e un dobre pedestal
o segundo dos cales está adornado con motivos mariñeiros (unhas
peixeiras, uns mariñeiros tirando do aparello, un faro e unha gamela)
O mastro é rectangular con arestas mortas, no tramo inferior está
decorado cun peixe por cada unha das catro caras.
Remata nun capitel cilíndrico decorado con catro volutas, caras de
anxos e acios.
A cruz rectangular presenta a imaxe de Xesús e unha pequena cartela
de INRI.
• Na festa de San Bartolomeu é tradición pasar tres veces por baixo do santo para quitar o medo mentres se recita: "San Bartolomeu dáme o teu medo e toma o meu".
![]() |
Lugares
de interese Meira
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||
CRUCEIRO DA CAPELA DA ILLA DE SAN BARTOLOMEU
|
|