Pechar
• Sobre unha antiga edificación
románica da que só se conserva o muro norte construíuse
no s. XVIII a torre, a capela da Virxe das Dores, a sancristía –ás
que se accede por dous arcos de medio punto–, a caseta de obras e ampliouse
a ábsida antiga.
Esta reforma está inspirada no estilo de Simón Rodríguez.
• A planta é dunha soa
nave.
• A fachada ten unha porta rectangular sobre a que aparece unha fiestra
circular.
Presenta un hastial moldurado adornado con dous pináculos rematados
en bola.
• O máis salientable é a robusta torre, con claras semellanzas coa de San Salvador de Coiro; ten unha balconada de pedra sobre a que se asenta o campanario con catro arcos de medio punto que sosteñen unha cúpula de corpo cónico e remate semiesférico adornada con catro pináculos rematados en bola.
• Ten un retablo barroco en madeira.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||
IGREXA DE SAN PEDRO DE DOMAIO
|
|