Xesús Portela Medraño
Xesús Portela
Medraño nado en Beluso noa no 1958. Xornalista, licenciado pola Facultade de
Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid é na actualidade
subdirector do diario “Faro de Vigo”, onde forxou a súa carreira de
xornalista. Tamén é o
presidente da Fundación Novas, de finalidade benéfico docente de interese
galego, creada por D. José Novas Regueira.
Proba do seu labor e da súa magnanimidade
é o feito de que este traballo poida ser publicamente coñecido sen
contraprestación ningunha; reseñar tamén
que os beneficios obtidos pola venda do libro “Johan Carballeira”, do cal é autor,
cedeunos á Asociación “Amigos de Johan Carballeira”. A Asociación Amigos da
Biblioteca agradécelle publicamente toda a súa desinteresada dispoñibilidade así como o felicita pola súa traxectoria profesional.