CAPTATIO
BENEVOLENTIAE
Achegámonos
nesta ocasión para darvos a coñecer a personalidade e a vida de MANUEL
ANTONIO BARES.
Como
somos un equipo normalizador con grandes pretensións, non nos conformamos só
con loitar polo uso da nosa lingua, queremos, ademais, mostrar a todo Bueu,
en especial ás mozas e mozos que nel vivimos, que esta foi sempre unha vila
con inquietudes culturais.
Ata
hai ben pouco tempo, nós non sabiamos quen era este home Manuel A. Bares,
pero ó descubrir a esta figura, membro dunha importante familia de Bueu, cremos
que se trata dunha das varias personaxes que medraron e viviron en Bueu e que
paga a pena que sexan rescatadas do esquecemento.
Prometemos
en vindeiros anos seguir dando a coñecer máis persoas deste pobo.
0
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN
MANUEL
ANTONIO BARES
Manuel
Antonio Bares Giráldez foi
unha das figuras intelectuais e sociais máis importantes que deu o mundo da emigración galega en Sudamérica. Manuel A. Bares, como firmaba os
seus traballos xornalísticos e literarios, foi un home que se forxou a si
mesmo no difícil entorno dun país alleo, no cal só as súas profundas
conviccións e a súa personalidade o levaron a dedicar unha vida ó desenrolo
social e económico da súa patria de adopción. Sen esquecerse de axudar en
tódolos aspectos da amplísima colonia galega emigrante na República
Arxentina.
Manuel
A. Bares naceu en Bueu o 27 dun frío mes de xaneiro do ano 1855, segundo
consta no rexistro do libro de bautizos da igrexa parroquial de San Martiño
de Bueu. Os pais, Manuel Bares Fariña e a súa muller, María dos Dolores Giráldez,
eran veciños do barrio da Praia, (o que na
actualidade conforma a Banda do Río).
Nacía
Manuel A. Bares en pleno bienio progresista, baixo o reinado de Isabel II.
Quizais cabe destacar e preguntarse se o seu posterior posicionamento nas
ideas republicanas non lle virían marcadas pola súa aparición en aqueles
dous anos illados do denominado progresismo que representaban os xenerais
Baldomero Espartero e Leopoldo O'Donell , no marco dunha época marcada polo
dominio absoluto dos políticos moderados da man das figuras como Ramón María
de Narváez. Foi unha época na cal, Espanha tentaba unirse ó desenrolo do
resto de Europa e a nosa economía rexistraba unha suba notoria, tras moitos
anos de decadencia. Comezaba a sentirse a forza da burguesía, verdadeira
protagonista do cambio social do coñecido como o Antigo Réxime (os anos
posteriores ó dominio absolutista). Espanha sobrepoñíase á sangrante guerra
carlista, na cal tamén se vía inmersa Galiza.
A
infancia e adolescencia de Manuel A. Bares transcorre na súa vila natal, Bueu.
A súa afección polas letras quizais lle viñera do seu entorno familiar e
Bares de seguido demostrou o seu amor polo estudio, sendo un alumno moi
aplicado. Gustáballe ler e escribir.
Os
quince anos, Manuel A. Bares encóntrase capacitado para facer as súas
primeiras incursións xornalísticas e decide enviar os seus traballos ós
distintos xornais da época existentes na provincia de Pontevedra. Estes
primeiros traballos xornalísticos tiñan un contido político e os seus temas
preferidos estaban referidos á situación que atravesaba Espanha naqueles difíciles
anos e, incluso, se atrevía a formular opinións sobre o presente e futuro de
Europa, inmersa nos avatares causados pola guerra entre Francia e a potente
Prusia.
Bares
ten que tomar a decisión de seguir estudiando ou ben traballar. Seus pais,
animados pola súa vocación xornalística e
A
finais do ano 1874, e xa coa carreira rematada, Bares decidiuse a xestionar a
obtención dunha praza coma mestre no buque de guerra da Armada espanhola
"Esperanza". Bares,
animoso e namorado sempre do mar, polo seu profundo amor á terra de Bueu
enmarcada na fermosa ría pontevedresa, decidiuse
a prestar os seus servicios como
mestre en dito barco, pero a concesión da praza recae
noutra
persoa.
Manuel
A. Bares embarca no porto de Vigo nun dos barcos de pasaxe e mercancías a
principios de 1875 e elixe como destino final a República Arxentina, chegando
6 porto de Bos Aires a finais do mes de abril dese mesmo ano. Bares
pasa os seus primeiros meses de emigrante na capital, Bos Aires, aínda que máis
tarde decide trasladarse á cidade de Mercedes, onde traballa como tenedor de
libros, e máis tarde como colaborador no xornal local. A súa boa pluma
xornalística de seguido destaca no ámbito local e social, o que o leva a
acadar en poucos meses fama literaria entre os seus conveciños.
A
prolífica colaboración xornalística de Bares tamén se estende, co paso dos
anos, ós xornais e ás revistas máis famosas da capital bonaerense. Os seus
artigos costumistas sobre o entorno social onde se move Bares lévanlle a
converterse en asiduo colaborador dende o ano 1879 na revista "Almanaque
Sudamericano". A vertixinosa vida social converte a Bares nun asiduo
A
súa asistencia a tantos actos sociais e a súa fama en alza, fan que Bares
tamén esperte ó amor. Corría o ano 1880 e Manuel Antonio Bares coñece a
unha xove que en seguida convertería na súa muller: Francisca Peralta. A súa
prematura morte no mes de maio do ano 1894 marcou a vida de Bares fondamente.
A
OBRA DE BARES
Corría
o ano 1889 e cumpíanse catorce anos dende a súa saída de Vígo hacia terras
arxentinas. Pese 6 contacto que lle suministraba o correo cos seus familiares
en terras galegas, Bares decide que xa é tempo de f acer unha visita ásúa
terra nai . A
súa desafogada economía,
froito
do seu trabal 1 o como xurista, e as recoñecidas colaboracións literarias,
así coma a paz de espírito gañada tra-lo seu matrimonio con Francisca
Peralta e o
nacemento
dos seus fíllos, permiten a Bares, preparar esta viaxe a Galiza. Ali verá
por derradeira vez ó seu pai, Manuel, quen dous anos máis tarde, o 9 de
outubro de 1891, falece na súa casa de Bueu.
Poucos
días antes de embarcar cara a
Galiza Bares reúnese cun grupo de amigos que lle comentan e lle rogan que
recopile o mellor da súa producción literaria recollida na prensa da época
e edite un libro, o
seu
primeiro libro.
Así
é como nace o primeiro libro de Bares titulado Prosa, o 8 de
outubro de 1889 en Madrid, que recolle algúns artigos que publicou na prensa
local de Mercedes, na prensa
bonaerense e en revistas varias, entre os anos 1878 e 1889.
En
18899, Bares publica o seu segundo libro, titulado Más Prosa, mestura temas puramente políticos e relixiosos coa morte da súa esposa. Tras
estes dous libros que consideramos os máis importantes, cabe nomear algúns
outros: Los
sermones del Padre Gozalo, publicado
no ano 1907. La
nación española y el nacionalismo vasco (1922).
Las
formas de gobierno y la guerra, (1921).
Como
conclusión a esta pequena referencia dunha das personalidades que deu o noso
pobo, MANUEL ANTONIO BARES morreu xa retirado na residencia de Be1grano en Bos
Aires, ós noventa anos o día 6 de Abril do ano 1945.
0
texto que ven a continuación, é un pequeno anaco dun artigo do seu primeiro
libro Prosa.
"Había
sonado allá, en lo alto, tras las nubes, la sentencia de muerte de algunos
seres que cumplían con su destino acá en la tierra. La precedió el rayo, la
pregonó el trueno, rasgose el denso manto que contenía tanta desolación, y la
muerte cayó del espacio en mangas de agua, como en los días de la Biblia cayó,
en torrentes de fuego, sobre las ciudades nefandas.
No
fueron muchos pecados, sin duda, quien trajo tanta desgracia sobre
nuestras cabezas, sino la mucha evaporación. Es bueno advertirlo y confesarlo
para consuelo nuestro.
Pero
casi al mismo tiempo que tenía lugar la inmersión de una gran parte del bello
territorio que pisamos, sumergido bajo las cataratas del cielo, y nuestros
convecinos, nuestros hermanos, eran arrastrados a la muerte por el líquido
elemento, los pueblos preservados del naufragio, que dormían quizá al son de
la tempestad, que se cebaba en tanta víctima, despertaban llenos de angustia y
tendían sus brazos a los que agonizaban en medio del dolor, la desesperación y
la miseria."
La
caridad. (PROSA, 1889)