Carta de Manuel Antonio Bares a outro bueuense de adopción, Víctor Said Armesto.
VÍCTOR SAID-ARMESTO
Víctor Said Armesto |
Naceu
en Pontevedra (1871-1914). Fillo de
Federico Sáiz e de Amalia Armesto Aldao, herdeira do Pazo dos Picos (Bueu),
onde pasou a súa infancia e xuventude ó lado da súa avoa Dna. Carmen Aldao
Sarmiento.
Estudia
Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Santiago. Foi o primeiro
catedrático de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa nunha universidade
española e un dos máis grandes valores da xeración do 14. Moi
mozo, ós 13 anos,
publicou un libro de versos “Estrofas” e ós 15, funda o xornal “La
Guindilla”. Crítico literario no xornal "La Justicia";
colaborando noutros moitos rexionais, estatais, americanos, e nas revistas
"Blanco y Negro" e "Galicia Literaria".
As súas obras máis coñecidas son entre outras, "Análisis y Ensayos",
“La
leyenda de Don Juan”, “Orígenes poéticos de ‘El burlador de Sevilla’”, “El
convidado de Piedra”....
Investigador do folclore galego, recompila romances e
cantares que publica en sendas seleccións. Participou como letrista na
partitura da opereta “La flor del agua”, estreada no
Teatro da Zarzuela con grande éxito cando morría.